Álvarez Cáccamo, Xosé María (1950-)

Criptografías / Pepe Cáccamo, Baldo Ramos [textos e criptografías] - Arteixo : Alvarellos , 2022 - 68 p. : il. cor ; 21 cm

Criptografías é un exercicio de escrita secreta no que os poetas Pepe Cáccamo (Vigo, 1950) e Baldo Ramos (Celanova, 1971) superpoñen as súas voces nun experimento que xorde da amizade e da complicidade estética. En 2014 os seus mundos literarios comezaron a orbitar arredor dos límites da poesía visual, sobre o libro como soporte plástico e sobre a obxectualidade da palabra poética. Nesa viaxe sen retorno fixeron diferentes escalas, editando en 2014 CaRa inversa, dous anos despois librosconversos –que reunía versos de 40 poetas– e elaborando o proxecto expositivo A dobre páxina, unha proposta exclusivamente visual. Criptografías é a terceira publicación na que se reencontran os dous autores. Trátase dunha colección de poemas visuais de liña letrista en conversa con textos poéticos que foron escritos coa vontade de diluír a autoría nunha voz común que fai enormemente singular esta proposta.

9788418567339


Poesía
Poesía

821.134.4-14"20"

Coa tecnoloxía Koha