Wells, H. G. (1866-1946)
El hombre invisible / H. G. Wells ; ilustraciones Luis Scafati ; traducción Marcial Souto - Barcelona : Libros del Zorro Rojo , 2022 - 202 p. : ilustracións ; 22 cm.
Publicada orixinalmente en 1897 por entregas, O Home Invisible relata as contradicións dun mozo e brillante científico que se desprende de toda ética en prol da súa sede de dominio e lucro persoal. Este clásico atemporal do escritor británico H. G. Wells, coñecido como o pai da ciencia ficción, pídenos reflexionar acerca dos límites éticos da ciencia nesta época de veloces avances médicos e tecnolóxicos.
A novela empeza nun día de neve pechada, coa chegada dun home, cuberto con vendas, chapeu e lentes escuras, a un pequeñísimo pobo inglés. Aos poucos días, o inquietante personaxe recibe un paquete cun cargamento cheo de tubos de ensaio e produtos químicos, e encérrase a traballar nun misterioso experimento. Todo indica que sufriu un terrible accidente. Con todo, a curiosidade dos veciños pode máis que a compaixón e aos poucos conseguirán arrincarlle a este forasteiro o seu terrible secreto.
Esta obra de absoluta vixencia vólvese máis aterradora que nunca a través das ilustracións de Scafati, un dos artistas plásticos arxentinos máis importantes e ilustrador insignia do catálogo de Libros del Zorro Rojo. As estampas, en rigoroso branco e negro, realizadas cunha técnica que lembra ao gravado xilográfico, recrean admirablemente a aciaga atmosfera dunha sociedade trastornada pola conduta dun individuo que actúa con total impunidade cando non é visto.
9788412078855
821.111-312.4