El mundo amarillo / ESPINOSA, Albert
por Espinosa, Albert [autor/a].
Tipo: LibroEditor: Barcelona :Debolsillo ,2012 Edición: 11ª (12ª reimp.).Descrición: 171 p. ;19cm.ISBN: 9788483469071.Materia(s): Educación emocional | Enfermedade | Crecemento persoal | SuperaciónResumo: Os amarelos son as persoas que dan sentido á nosa vida que se sitúan entre o amor e a amizade. O mundo amarelo é un mundo fantástico que quero compartir contigo. É o mundo dos descubrimentos que fixen durante os dez anos que estiven enfermo de cancro. É curioso, pero a forza, a vitalidade e os achados que fas cando estás enfermo serven tamén cando estás ben, no día a día. Este libro pretende que coñezas e entres neste mundo especial e diferente; pero, sobre todo, que descubras aos «amarelos». Eles son o novo escalafón da amizade, esas persoas que non son nin amantes nin amigos, esa xente que se cruza na túa vida e que cunha soa conversación pode chegar a cambiarcha. Non che adianto máis: terás que ler este libro para poder empezar a atopar os teus «amarelos». Quizais un deles sexa eu… O mundo amarelo fala do sinxelo que é crer nos soños para que estes crense. E é que o crer e o crear están tan só a unha letra de distancia. Que esperas a saber quen son os teus «amarelos»? Albert Espinosa «Albert fala dun mundo ao alcance de todos, e que ten a cor do Sol: o mundo amarelo. Un sitio cálido onde os bicos poden durar dez minutos, onde os descoñecidos poden ser os teus mellores aliados, onde o medo perde o seu significado, onde a morte non é iso que lles pasa só aos demais e a vida é o máis valioso. Este libro fala de todo isto, de todo o que sentimos e non dicimos, do medo a que nos quiten o que temos, de recoñecernos enteiramente e apreciar quen somos cada segundo do día. Longa vida a Albert!» Eloy Azorín, actor. Lista(s) nas que aparece este ítem: Escola de familia
Os amarelos son as persoas que dan sentido á nosa vida que se sitúan entre o amor e a amizade.
O mundo amarelo é un mundo fantástico que quero compartir contigo. É o mundo dos descubrimentos que fixen durante os dez anos que estiven enfermo de cancro. É curioso, pero a forza, a vitalidade e os achados que fas cando estás enfermo serven tamén cando estás ben, no día a día. Este libro pretende que coñezas e entres neste mundo especial e diferente; pero, sobre todo, que descubras aos «amarelos». Eles son o novo escalafón da amizade, esas persoas que non son nin amantes nin amigos, esa xente que se cruza na túa vida e que cunha soa conversación pode chegar a cambiarcha. Non che adianto máis: terás que ler este libro para poder empezar a atopar os teus «amarelos». Quizais un deles sexa eu… O mundo amarelo fala do sinxelo que é crer nos soños para que estes crense. E é que o crer e o crear están tan só a unha letra de distancia. Que esperas a saber quen son os teus «amarelos»? Albert Espinosa «Albert fala dun mundo ao alcance de todos, e que ten a cor do Sol: o mundo amarelo. Un sitio cálido onde os bicos poden durar dez minutos, onde os descoñecidos poden ser os teus mellores aliados, onde o medo perde o seu significado, onde a morte non é iso que lles pasa só aos demais e a vida é o máis valioso. Este libro fala de todo isto, de todo o que sentimos e non dicimos, do medo a que nos quiten o que temos, de recoñecernos enteiramente e apreciar quen somos cada segundo do día. Longa vida a Albert!» Eloy Azorín, actor.